Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados
Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados | |
---|---|
Acrónimo | UNHCR |
Tipo | organização estabelecida pelas Nações Unidas, organización intergobernamental e organización internacional |
Campo de traballo | refugee law e axuda humanitaria |
Data de fundación | 14 de decembro de 1950 |
Director/a | Gerrit Jan van Heuven Goedhart, August R. Lindt, Felix Schnyder, Prince Sadruddin Aga Khan, Thorvald Stoltenberg, Sadako Ogata, Ruud Lubbers, António Guterres, Poul Hartling, Jean-Pierre Hocké e Filippo Grandi |
Organización matriz | ONU |
Premios | Premio Nobel da Paz, Premio Nobel da Paz, Premio Indira Gandhi e Premio Balzan |
Sede | Xenebra |
En | Mitte |
País | Alemaña |
Na rede | |
https://www.unhcr.org | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR) é o organismo das Nacións Unidas encargado de protexer os refuxiados e desprazados por persecucións ou conflitos, e promover solucións duradeiras á súa situación, mediante o reasentamento voluntario no seu país de orixe ou no de acollida. Ten a súa sede en Xenebra, Suíza, e máis de 250 oficinas esparexidas por todo o mundo. O dereito ao asilo e refuxio está contemplado na Declaración Universal dos Dereitos Humanos do seguinte xeito:
- En caso de persecución, toda persoa ten dereito a buscar asilo, e a desfrutar del, en calquera país.
- Este dereito non poderá ser invocado contra unha acción xudicial realmente orixinada por delitos comúns ou por actos opostos aos propósitos e principios das Nacións Unidas.
Artigo 14 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos (1948)
Concedéuselle o Premio Nobel da Paz en dúas ocasións, nos anos 1954 e 1981, así como o Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional en 1991.
Concede anualmente o premio Nansen Refugee Award, (coñecido anteriormente como a Medalla Nansen), a individuos ou grupos que destacaran na causa dos refuxiados.
Creación de ACNUR
[editar | editar a fonte]O Estatuto da Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados foi adoptado na resolución 428 (V) da Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 14 de decembro de 1950, e iniciou as súas funcións no mes primeiro de 1951, tendo como primeiro decreto o de axudar a reasentar máis dun millón de refuxiados europeos que aínda estaban sen fogar como consecuencia da segunda guerra mundial.
Os antecedentes históricos directos de ACNUR foron:
- A designación por parte da Sociedade de Nacións dun Alto Comisionado para os Refuxiados en 1922, Fridtjof Nansen
- A Administración de Socorro e Rehabilitación das Nacións Unidas (United Nations Relief and Rehabilitation Administration)[1] entre 1943 e 1949, creada para axudar aos refuxiados da segunda guerra mundial (aquí o termo Nacións Unidas fai referencia aos países coñecidos como aliados, non á ONU)
- Organización Internacional dos Refuxiados (International Refugee Organization), axencia especializada das Nacións Unidas de 1946 a 1952.
A Convención sobre o Estatuto dos Refuxiados de 1951 definiu o concepto de refuxiado e estableceu o tratamento que debe recibir, e o Protocolo de 1967 unificou varias resolucións adicionais para ampliar o marco de actuación de ACNUR e os países adheridos.
Alcance actual
[editar | editar a fonte]Pola expansión das actividades de ACNUR a todo o mundo, e a desprazados dentro dun país ademais de internacionais, o número de persoas que son obxecto de preocupación para ACNUR aumentou considerablemente desde os seus inicios, ao tempo que se acentuou a complexidade do problema do desprazamento forzado. En total, até principios do século XXI, proporcionou asistencia a máis de 111 millóns de refuxiados e desprazados.
A finais de 2009, a poboación total baixo o amparo de ACNUR era de 40 millóns de persoas, en países de todo o mundo. As nacionalidades de orixe da maior parte dos refuxiados ou desprazados son afgáns (2,9 millóns), colombianos (2,5 millóns), iraquís (1,8 millóns), sudaneses (1,6 millóns) e somalís (839.000), sendo os países de acollida principais Colombia (2 millóns), Iraq (1,6 millóns), Paquistán (1,1 millóns), Sudán (1 millón) e Afganistán (960.000).
Persoal de ACNUR
[editar | editar a fonte]Traballan para ACNUR unhas 7000 persoas por 116 países. Desde principios da década de 1980, ACNUR empezou a traballar con Embaixadores de Boa Vontade,[2] isto é, persoas de renome que empregan a súa fama ou acceso aos medios de comunicación para buscar apoios en favor da causa dos refuxiados. Embaixadores de Boa Vontade de ACNUR e ano do seu nomeamento:
- Barbara Hendricks (cantante clásico), 1987
- Adel Imam (actor), 2000
- Giorgio Armani (deseñador), 2002
- Julien Clerc (cantante), 2003
- Osvaldo Laport (actor), 2006
- George Dalaras (cantante), 2006
- Jesús Vázquez (presentador de televisión), 2007
- Muazzez Ersoy (cantante), 2007
- Angelina Jolie (actriz) 17 de abril de 2012-presente
Altos comisionados
[editar | editar a fonte]Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Nome | Data |
---|---|
António Guterres | 15 de xuño de 2005-presente |
Wendy Chamberlin | 20 de febreiro de 2005– 15 de xuño de 2005, provisional |
Ruud Lubbers | 2001– 20 de febreiro de 2005 |
Sadako Ogata | 1990–2000 |
Thorvald Stoltenberg | xaneiro – novembro de 1990 |
Jean-Pierre Hocké | 1986–1989 |
Poul Hartling | 1978–1985 |
Sadruddin Aga Khan | 1965–1977 |
Félix Schnyder | 1960–1965 |
Auguste R. Lindt | 1956–1960 |
Gerrit Jan van Heuven Goedhart | 1951–1956 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ACNUR (ed.). "Alto Comisionado para os Refuxiados da Sociedade das Nacións" (en español). Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2009. Consultado o 8 de agosto de 2012.
- ↑ [1] Arquivado 17 de xaneiro de 2011 en Wayback Machine. Consultado o 8 de agosto de 2012
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina Oficial de ACNUR (en castelán)
- Estatísticas de ACNUR (en castelán)
- ACNUR (en inglés)